A partir do 1 de marzo, a Casa da Xuventude volverá abrir os fins de semana, ofrecendo un espazo de encontro e lecer para a mocidade.

Horario de apertura:

  • Venres: de 19:00 a 22:00 h
  • Sábados: de 19:00 a 23:00 h
  • Domingos: de 19:00 a 21:00 h

Este servizo estará dispoñible do 1 de marzo ao 30 de xuño e do 15 de setembro ao 31 de decembro de 2025.

Con esta reapertura, a Casa da Xuventude recupera o seu papel como punto de referencia para a mocidade, un lugar onde socializar, participar en actividades e desfrutar do tempo libre.

Vémonos na Casa da Xuventude!