Ares precisa voluntarios/as para a súa Semana Santa

Comparte esta nota de prensa

A Cofradía de Xesús Nazareno e Soidade da Nosa Señora vén de comunicar unha necesidade para as vindeiras datas da Semana Santa en Ares: precisan de máis voluntarios que colaboren na organización e posta en marcha da celebración relixiosa na vila.

“Sobre todo, necesitamos máis portadores dos tronos, porque agora mesmo non contamos con suficientes mans”, expón Guillermo Ares, presidente da Cofradía. “En concreto, úrxennos incorporar unhas vinte persoas que nos axuden coa celebración da Semana Santa na vila”.

A actividade do voluntariado, segundo consta na programación, abrangue dende o 13 de abril, domingo de ramos, até o 20 de abril, domingo de resurrección. O único requisito que se contempla dende a Cofradía: que os novos portadores teñan como mínimo 16 anos.

Para ampliar información ou directamente inscribirse como voluntario/a, ponse a disposición da veciñanza interesa en colaborar o número de teléfono 669 63 28 14 e o correo electrónico cjnsares@gmail.com. Toda axuda é benvida!

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Día de Rosalía 2026 en Ares

A vila conmemorará durante toda esta semana á figura de Rosalía de Castro na Biblioteca Municipal de Ares, rendindo homenaxe a unha das autoras máis