Ares afonda na figura de Alejandro Viana co escritor Roberto Mera

Comparte esta nota de prensa

A Alianza Aresana acolleu o pasado venres, 4 de abril, unha cita marcada pola recuperación da memoria histórica. O escritor Roberto Mera presentou “Alejandro Viana: un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos” (Belagua Ediciones, 2021), unha obra que rescata a gran labor deste home que tanto contribuíu á evacuación de refuxiados nunha Europa ocupada polos nazis.

O acto, no que se contou coa presenza do alcalde de Ares, Julio Ignacio Iglesias Redondo, e o investigador da Asociación de Memoria Histórica Democrática e escritor Juan Galán, serviu para poñer en valor o legado de Viana, figura chave na organización de múltiples expedicións marítimas cara América co obxectivo de salvar ao maior número de republicanos posibles, escapando da opresión dos totalitarismos de principios do século XX.

A través do libro de Roberto Mera, gañador do Premio Antón Losada Diéguez de Investigación 2022, os futuros lectores poderán entender a odisea vital de Alejandro Viana, tamén perseguido pola Gestapo e a Falanxe Española, xunto coa súa entrega total aos demais.

Toda a presentación puxo de manifesto a importancia de manter viva a memoria daqueles que loitaron polos ideais democráticos, a xustiza e a liberdade.

Pódeche interesar