Malia non poder celebrar a tradicional Festa do Ourizo, o Centro Cultural Outeiro de Chanteiro non quedou sen a súa degustación gastronómica.
Os produtos do mar seguiron presentes coa organización dunha mexillonada popular para que veciños e veciñas gozaran do mellor do Atlántico acompañados pola música en directo da charanga Santa Compaña, en colaboración co Concello aresán.
Con todo, dende o Outeiro tampoco se esqueceron de exaltar o ourizo de mar repartindo entre os asistentes trípticos informativos que contextualizan a súa riqueza e importancia, no marco do proxecto ‘O ourizo de mar, un tesouro posto en valor onde o Atlántico goza’ que impulsou o Concello de Ares co apoio da Consellería do Mar, o Galp Golfo Ártabro Norte e fondos da Unión Europea.
Gastronomía, música e boa compañía déronse da man en Chanteiro!