A saúde mental, baixo o foco divulgativo da Academia AresXSalud

Comparte esta nota de prensa

  • Antonio Núñez Pérez, ‘Tito Núñez’, psiquiatra do SERGAS e Xefe do Servizo de Psiquiatría do CHUF durante máis de 20 anos, será o experto que se achegará á vila de Ares para abordar a evolución da saúde mental en diferentes etapas da vida.
  • A sesión promoverase o vindeiro 25 de abril ás 19:00 horas na Alianza Aresana, sen necesidade de reservar previamente para asistir.

 

A Academia AresXSalud do Concello abordará unha das temáticas con maior relevancia no día a día da veciñanza: o coidado da saúde mental e como evoluciona o seu estado ao longo das diferentes etapas da vida.

O próximo venres, 25 de abril, e a partir das 19:00 horas, o psiquiatra Tito Núñez achegarase até o salón de actos da Alianza Aresana para abordar, dende a súa longa e ampla experiencia no campo, as circunstancias arredor da saúde mental na actualidade. A súa charla será unha oportunidade para descubrir que elementos impactan psicoloxicamente en cada un de nós, axudando a visibilizar os retos que supón coidar da nosa mente.

Tito Núñez é coordinador de Saúde Mental na Área Sanitaria de Ferrol, exerceu durante 24 anos de Xefe do Servizo de Psiquiatría do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF) e tamén se achegou á docencia como profesor titular de Enfermería e Terapia Ocupacional da Universidade de Santiago de Compostela (USC) dende o 1992.

As áreas municipais de Benestar e Deportes responsables da Academia AresXSalud convidan a toda a veciñanza que estea interesada a achegarse á sesión, con entrada libre e totalmente de balde, e formular as súas dúbidas sobre esta temática que tanto afecta á calidade de vida na cotiandade.

Pódeche interesar