IV Edición do DegustARES 2025

Comparte este evento

Datas: 10 e 11 – 17 e 18 de maio 2025

Condicións de participación no DEGUSTARES 2025

O roteiro terá que estar selado por todos os establecementos participantes en DEGUSTARES 2025.

Completado o roteiro, terá que ser entregado nunhas das urnas dos locais participantes.

A data límite de entrega será o mércores 21 de Maio.

A ruta terá lugar os fins de semana do 10 e 11 de maio, e do 17 e 18 de maio de 2025, nos horarios que se especifican no cadrado de cada local no interior deste roteiro.

Tódolos pinchos cobraránse a 1 €


Premios ó público participante

Haberá sorteo de premios entre tódolos roteiros selados que cumpran coas normas anteditas.

En concreto sortearanse os seguintes premios:

  • 5 vales de 100 € cada un.

  • 1 vale de 100 € entre os participantes que estean presentes no sorteo.

  • 1 botella Magnum de Rioja Alavesa por xentileza de Bodegas Valdelana.

  • 1 botella Magnum de R.D. VALSOTILLO por xentileza de Bodegas Ismael Arroyo.


Premios ó pincho + popular

Como resultado das votacións dadas polo público participante, entregaranse premios aos 3 pinchos máis populares:

  • 🥇 1º Premio: Diploma + 600 €

  • 🥈 2º Premio: Diploma + 500 €

  • 🥉 3º Premio: Diploma + 400 €

Tamén:

  • 1 botella Magnum Rioja Alavesa Bodegas Valdelana por xentileza de Bodegas e Viños Ares.

  • 1 botella Magnum de Ribera do Duero VALSOTILLO – Bodegas Ismael Arroyo, por xentileza de Bodegas e Viños Ares.

O sorteo terá lugar o venres, 30 de maio, ás 19:00 h. na Alianza Aresana.
Os vales caducarán aos 5 meses e terán que ser canxeados nos establecementos adheridos ao MERCARES 2024-2025.

Pódeche interesar...

Eventos

X Torneo de Xadrez “Concello de Ares”

📅 25 de outubro 🕥 De 10:30 a 19:00 h 📍 Casino de Ares Torneo organizado polo Círculo Ferrolano de Ajedrez, en colaboración coa Escola

Eventos

Visitas guiadas á batería da Bailadora

📅 Data: Venres, 23 de outubro de 2026 🕚 Horarios: 11:00 e 13:00 h 📍 Lugar: Batería da Bailadora, Ares O Concello de Ares colabora