Dende o Servizo Municipal de Augas veñen de ter coñecemento nestes últimos días dunha serie de chamadas e contactos coa veciñanza efectuadas por terceiros solicitando a realización dunha análise de augas nas súas vivendas particulares.
Con todo, o propio Concello de Ares comunica que o seu Servizo Municipal de Auga NON ESTÁ EXECUTANDO ningún tipo de analítica nas vivendas da veciñanza, nin tampouco consta tal procedemento por parte de ningunha administración supramunicipal.
Prégase a maior precaución posible ante este feito e que se preste atención ós datos persoais que se poñen en coñecemento de terceiros.