Dende febreiro deste 2025, no Parque Rosalía de Castro pódese atopar un refuxio de boas historias nunha contorna natural: a Casiña dos Contos instalada polo Concello convida a pequenos e adultos a coller un libro, sentarse a ler e crear unha cadea de préstamos de xeito orgánico.
Trátase, en esencia, dun novo espazo de fomento da lectura cun funcionamento moi sinxelo: pódese coller calquera libro que estea dentro, gozar del ao aire libre e devolvelo posteriormente á Casiña. E se a historia gusta moito, é posible quedarse co exemplar, sempre e cando se deixe no seu lugar outro libro. Así sempre haberá volumes dentro para desfrute de todos!
E ti, xa desfrutaches da Casiña dos Contos?