O Concello vén de difundir a información que fan chegar dende a comunidade educativa do IES Mugardos arredor dos dous ciclos da familia profesional agraria que se imparten no seu centro: o FP de Aproveitamento e conservación do Medio Natural e o FP en Xardinaría e Floraría, que contan con prazas dispoñibles para toda persoa interesada en impulsar o seu perfil laboral.

Trátanse de itinerarios que non só involucran a adquisición dunha titulación en si mesmo, senón tamén un período de formación en empresas ou organismos do propio sector de traballo que inclúe unha remuneración por eses meses formativos e a súa incorporación ao réxime xeral de cotización da Seguridade Social.

Grazas a esta integración nos procesos produtivos reais dunha empresa, facilítase a inserción do estudantado no mercado, estreitando lazos xa dende a súa formación con organizacións da contorna interesadas nestes perfís laborais.

O prazo para formalizar a solicitude remata o vindeiro mércores 2 de xullo, ás 13:00 h. Pódese ampliar a información contactando co número de teléfono 881 938 200 ou vía e-mail en ies.mugardos@edu.xunta.gal.

As solicitudes realízanse telematicamente na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/ciclosadmision/

Ciclos FP Dual no IES de Mugardos (2025-2026) en PDF