Ante a gran afluencia de atletas que se achegarán a Ares para sumarse á Milla Urbana 2025, a Concellaría de Deportes vén de facer algún cambios co foco posto en axilizar a celebración do evento e facilitar a súa materialización.
Mantendo as categorías, os novos horarios son os seguintes:
PREBIBERÓN |
11:05 |
BIBERÓN |
11:07 |
PREBENXAMÍN |
11:10 |
SUB 10 Homes |
11:20 |
SUB 10 Mulleres |
11:25 |
SUB 12 |
11:30 |
SUB 14 |
11:40 |
SUB 16 E SUB 18 |
11:50 |
SUB 20 – 23 – SEN Homes |
12:00 |
SUB 20 – 23 – SEN – M1 Mulleres |
12:10 |
M1 Homes |
12:20 |
MÁSTER 2 Homes |
12:30 |
MÁSTER 3 – M4 Homes |
12:40 |
MÁSTER 2 – M3 – M4 Mulleres |
12:50 |
Asimesmo, durante as xornadas do 7 e 8 de agosto, de 9:00 a 13:00 h., as persoas inscritas poderán acudir ata a Biblioteca Municipal de Ares para recoller os seus dorsais.