Bo humor e emoción foron protagonistas da última sesión do Ciclo de Cine de Verán ao aire libre do Concello, coa proxección de CampeoneX o xoves pasado no patio das Escolas do Lago.
A veciñanza desfrutou da continuación de Campeones, dirixida por Javier Fesser, seguindo co mesmo grupo de ‘Los amigos’, que tiveron que reinventarse e afrontar un novo reto: competir en atletismo por erro da súa nova adestradora. Unha historia de amizade, espírito de superación e moita comedia que conquistou ao público asistente.
Con ela ponse fin ás sesións de proxeccións ao aire libre deste #VeraneAres2025, estas iniciativas que ano tras ano permiten gozar do cinema nas noites de verán, baixo as estrelas!
Coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.