O teatro será outro dos eixos da celebración do Ares Indiano, sabendo da súa capacidade expresiva para viaxar, durante unhas horas, a outra época.
E así o fará o elenco de actores e actrices da Cova do Trasno, o grupo de teatro local aresán, que volverá a ter un oco na programación lúdico-cultural para abordar nesta ocasión a obra ‘Zafra’, escrita polo estudoso Javier Vilasánchez expresamente para esta edición do Ares Indiano.
Será a Cova do Trasno a que porá o peche coas súas interpretacións ao venres, 22 de agosto, ás 21:30 horas., levándonos até un azucareiro de Cuba. Non o perdas!