As particularidades da lamprea saen á palestra grazas ao relatorio de Juan Prados

Comparte esta nota de prensa

  • Estará o vindeiro 29 de agosto ás 20:00 horas no salón de actos da Alianza Aresana debullando a historia deste produto do mar milenario, unha “reliquia de eras xeolóxicas”, dende diferentes puntos de vista: o histórico, o gastronómico…
  • Haberá ao peche do acto unha degustación para as persoas asistentes.

 

Xa estaban presentes no imaxinario gastronómico dende a Antigüedade e en numerosas representacións artísticas; en Grecia e Roma foi produto de alta cociña e mesmo na actualidade existe unha rede de irmandades e cofradías que divulgan a historia deste singularísimo animal: a lamprea. E todo isto e máis é do que falará Juan Prados este venres, 29 de agosto, a partir das 20:00 horas, no salón de actos da Alianza Aresana.

Será o seu un relatorio que bebe da fonda investigación feita con Jaume Rodón Lluís para escribir a ‘Biografía de la lamprea’ (Ediciones Trea, 2009), un libro que percorre textos, ilustracións e debuxos deste peixe para entender o que agocha máis aló da súa condición gastronómica.

E é que a singularidade da lamprea fai que sexa protagonista de numerosos científicos, literatos, estudiosos e gastrónomos, sabendo da súa relevancia simbólica dende tempos remotos da historia da humanidade.

Ademais, o evento cutural de Juan Prados contará cunha degustación da propia lamprea para acompañar da mellor maneira posible as súas explicacións.

Pódeche interesar