O Concello organiza unha viaxe ao San Froilán de Lugo para a súa veciñanza

Comparte esta nota de prensa

  • As inscricións abrirán o vindeiro luns, 15 de setembro, de xeito presencial no Departamento de Servizos Sociais situado na Praza da Constitución.

 

Co obxectivo de facilitar o desprazamento e que a veciñanza poida gozar dunha das festas máis emblemáticas de Galicia, o Concello de Ares volverá fletar un autobús para visitar o San Froilán 2025, declarado Festa de Interese Turístico Nacional e que se celebra entre o 4 e o 12 de outubro.

A saída prográmase para o venres, 10 de outubro, cun itinerario que permitirá desfrutar durante toda a xornada da ampla oferta gastronómica, cultural e lúdica da cidade lucense: dende os concertos e espectáculos ata o tradicional mercado de artesanía galega ou os pratos típicos das casetas do recinto feiral.

O autobús partirá da Porta do Sol ás 10:00 horas e o regreso dende Lugo realizarase arredor das 21:00 horas. O prezo é de 12 euros por persoa, cubrindo unicamente o transporte de ida e volta á urbe lucense.

As inscricións abriranse do 15 de setembro ao 7 de outubro, formalizándose presencialmente no Departamento de Servizos Sociais do Concello ata completar prazas. Con todo, para máis información, as persoas interesadas poderán chamar ao teléfono  981 448 335.

Pódeche interesar