O Concello de Ares, a través da súa Concellaría de Deportes, informa de que o vindeiro día 11 de setembro abrirase o prazo para solicitar o emprego da instalación municipal do pavillón polideportivo dende o mes de outubro de 2025 ata xuño de 2026.
Para formalizar o trámite, é preciso pasar polas dependencias do pavillón deportivo municipal, de luns a venres de 9:30 a 13:00 h., ou de 16:30 a 20:30 h., e cumprimentar un impreso de solicitude de instalación.
O prazo estará aberto ata as 13:00 h. do venres 19 de setembro. A partir desa data, procederase á adxudicación das horas de uso da instalación atendendo aos criterios de preferencia establecidos no regulamento da devandita instalación deportiva. Os horarios definitivos entrarán en vigor o 1 de outubro.
A Ordenanza actual que rexe a instalación deportiva publicouse como definitiva: 26/12/2023 BOP Nº: 244. Aplicable dende: 01/01/2024
ORDENANZA REGULADORA DA TAXA POLA UTILIZACIÓN DAS INSTALACIÓNS DO PAVILLÓN DEPORTIVO MUNICIPAL
a) Actividades Deportivas:
Adestramentos (pista completa): 20,54 €/hora.
Pista compartida (1/2): 9,10 €/hora.
b) Competicións:
Competicións sen venda de billetes: 38,98 €/hora.
O tempo máximo de utilización para competicións será de dúas horas.
c) Espectáculos deportivos:
85,77 €/hora sen taquilla.
181,93 €/hora con taquilla.
No suposto de que sexa necesaria a utilización por tempo superior a dúas horas, aplicarase a tarifa de xeito proporcional.
d) Espectáculos non deportivos:
Actos beneficios, actos culturais e actividades alleas ó deporte, sen taquilla: 85,76 €/1,5 horas de uso.
Actividades profesionais, con fins lucrativos: 3.119,08 €/ día.
e) Uso do Ximnasio:
Uso da Sala de Ximnasio por equipos/grupos con monitor propio en horas disponibeis: 38,98 €/hora.
Uso da Sala de Ximnasio de xeito individual ao mes sen monitor: 11,05 €/mes.
HORARIOS:
O horario do pavillón deportivo municipal en xullo e agosto é de luns a venres de 9 a 13:30 h.
A partir de setembro e ata o 30 de xuño, será de luns a venres polas mañás, de 9:00 a 13:00 h.,e pola tarde de 16:30 a 23:00 h, namentres que os sábados polas mañás abrirá de 9:30 a 13:30 h.
Durante todo o mes de setembro, poderase alugar a instalación deportiva con 24h. de antelación no pavillón deportivo, e tamén a través do correo: pavillonares@sedega.com.
Según reza no Artigo 29 do Regulamento desta instalación deportiva municipal, establécense os seguintes criterios á hora de solicitar o alugueiro e uso da mesma:
Art. 29.-
A planificación dos horarios de uso das instalacións será o que segue:
A) A petición de hora poderasefacer para un período de tempo de: anual, mensual ou semanal. Deste xeito ó longo do mes de setembro abrirase o prazo de solicitude de horas de pavillón, polo que será preciso cubrir unha instancia solicitando dita ocupación nos días e horas que se desexe utilizar a instalación. A finais do mes informarase ós solicitantes dos horarios concedidos.
B) Darase preferencia no uso das instalacións en base ós criterios que seguen:
1.- Actos programados polo Concello.
2.- Escolas Deportivas Municipais.
3.- Equipos federados do Municipio con convenios deportivos municipais.
4.- Equipos federados do Municipio.
5.- Actividades deportivas ou desenvolvemento da asignatura de Educación Física do CPI da localidade, en horario lectivo, sempre e cando se xustifique documentalmente a necesidade de utilizar a instalación e se suscriba un convenio de usos da mesma entre o Concello e o centro escolar.
6.- Agrupacións Deportivas do Municipio con convenios deportivos municipais.
7.- Agrupacións Deportivas do Municipio.
8.- Equipos non federados do Municipio.
9.- Equipos doutros Concellos Federados.
10.- Equipos doutros Concellos non federados.
CONCELLO DE ARES-SOLICITUDE USO PAVILLÓN DEPORTIVO TEMPADA 2025 EN PDF