RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA

Asunto: PROCESO SELECTIVO PARA A CREACIÓN DUNHA LISTAXE DE RESERVA PARA A COBERTURA DAS EVENTUAIS VACANTES OU AUSENCIAS QUE SE POIDAN DAR NOS POSTOS DE LIMPIADOR/A MUNICIPAL PARA REALIZAR CONTRATACIÓNS LABORAIS TEMPORAIS OU NOMEAMENTOS INTERINOS.

Tendo en conta as bases que regulan a creación dunha listaxe de reserva para a cobertura das eventuais vacantes ou ausencias que se poidan dar nos postos de limpiador/a municipal para realizar contratación laborais temporais ou nomeamentos interinos publicadas no BOP número 140 do 24 de xullo de 2025.

Vista a resolución dictada pola Alcaldía Presidencia en data 26/08/2025 con nº 706/2025, aprobando a listaxe definitiva de admitidos/as no proceso selectivo e vista a resolución dictada pola Alcaldía Presidencia en data 12/08/2025 con nº 676/2025, aprobando a compsición do Tribunal.

Esta Alcadía, visto-los preceptos de xeral aplicación, e en especial as competencias conferidas pola Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, o Real Decreto Lexislativo 781/1986, do 18 de abril, O Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro e a Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración Local de Galicia,

VEÑO EN RESOLVER:

Designar o vindeiro luns 15 de setembro do 2025 ás 12:00 horas para a realización da primeira proba da fase de oposición, no salón sesións do Concello de Ares, sito na Avda Saavedra Meneses nº 12, Ares, convocando aos membros do tribunal e as/aos aspirantes para dito acto.

 

Así o acorda e dispón o Sr. Alcalde, en Ares, á data da sinatura electrónica ao marxe, do que eu Secretario dou fe.

O Alcalde                                                             D.S.M. O Secretario

RESOLUCIÓN en pdf