XVIII edición de ‘Móllate polos ríos’

Concello e a Asociación de Amigos do Mosteiro de Santa Catalina súmanse a esta actuación o vindeiro domingo, 21 de setembro, entre as 10:30 e 12:00 horas para limpar o manantial de Bordocedo que conecta co río Frades con todos aqueles voluntarios e voluntarias que desexen contribuír á causa.

Para participar na xornada de limpeza, é preciso anotarse previamente contactando por teléfono ou whatsapp (preferiblemente) co 639 85 03 08. Tamén se recomenda que o voluntariado traia luvas de fregar da casa (as de vinilo ou látex rompen con facilidade), botas de auga, bolsas para a recollida de lixo e paus con punta, de ser posible, para facilitar a extracción de refugallos durante a tarefa.

  • 00

    días

  • 00

    horas

  • 00

    minutos

  • 00

    segundos

Fecha

Set 21 2025

Hora

12:00 pm - 4:00 pm
Categoría