Cadea humana en Ares contra o cancro de mama

Comparte esta nota de prensa

O 19 de outubro ás 13.00 h., o paseo marítimo do noso municipio encherase de solidariedade! Garda un oco na axenda e achégate ata alí para contribuír a esta causa.
A Xunta Local da Asociación Española Contra o Cancro en Ares organiza a Cadea Humana “O cancro de mama, tomámolo a peito”, unha acción simbólica e chea de forza colectiva contra a doenza oncolóxica.
 
É recomendable traer unha prenda rosa! Xuntos e xuntas, facemos visible o apoio ás persoas afectadas polo cancro de mama.

Pódeche interesar