Xunto coa cadea humana que se celebrará este 19 de outubro ás 13:00 h. no paseo marítimo, o Concello vén de iluminar a fachada do consistorio para conmemorar o Día Mundial contra o Cancro de Mama, unha data para visibilizar esta doenza oncolóxica –o tumor máis diagnosticado no mundo—, concienciar á sociedade e reivindicar máis recursos na súa prevención e detección temprana.
Durante toda a fin de semana, a fachada do Concello ficará en cor rosa, acompañando á pancarta que loce no exterior das instalacións municipais da Asociación Española contra o Cancro en Ares.
O cancro de mama tomámolo a peito!



