A lembranza de Lucas Seijo Fernández, moi presente na vila de Ares

Comparte esta nota de prensa

#SempreLucas: ese é o lema que sintetiza a celebración este sábado pasado no pavillón polideportivo municipal de ‘Xuntos en Ares, lembrando a Lucas’, unha xornada organizada polo Club Alquimia e o Concello para recordar co deporte que amaba a Lucas Seijo Fernández, o veciño falecido traxicamente en setembro de 2024.

Os seus compañeiros e compañeiras de patinaxe brindáronlle un tributo cheo de movementos, fintas, saltos e cariño, con exhibicións de inline freestyle e unha exposición da Lucas Slalom Cup (LSC) que serviu de adianto ao certame deportivo que tamén levará o seu nome en 2026.

Cada pirueta, cada xiro e cada aplauso foron unha homenaxe a Lucas, cunha pegada moi presente no noso municipio. Grazas a todas as persoas que acudiron a apoiar o evento!

 

Pódeche interesar