CONVENIO ENTRE A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E A ENTIDADE LOCAL, CONCELLO DE ARES, PARA A REALIZACIÓN DE ACCIÓNS DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA OS INCENDIOS FORESTAIS DURANTE OS ANOS 2025-2026, COFINANCIADO PARCIALMENTE CO FONDO EUROPEO AGRÍCOLA DE DESENVOLVEMENTO RURAL (FEADER) NO MARCO DO PLAN ESTRATÉXICO DA POLÍTICA AGRARIA COMÚN (PEPAC) 2023-2027
Santiago de Compostela, data da sinatura electrónica
REUNIDOS
Dunha parte, a Consellería do Medio Rural, representada neste acto polo director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez Vázquez, nomeado mediante o Decreto 196/2020, do 26 de novembro, en virtude das facultades que lle confire a Orde do 17 de novembro de 2015 de delegación de competencias en diversos órganos desta consellería (DOG núm. 223 do 23.11.2015).
E da outra, a entidade local, Concello de ARES, representada neste acto polo alcalde, Julio Ignacio Iglesias Redondo, actuando no seu nome e representación en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 61.1 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, da administración local de Galicia.
Ambas as dúas partes recoñécense mutuamente plena lexitimación, capacidade e representación, para a sinatura deste convenio
CONVENIIO PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA OS INCENDIOS FORESTAIS DURANTE OS ANOS 2025-2026 en pdf