Durante as xornadas do 7 e 8 de novembro, o Banco de Alimentos Rías Altas organizará unha recollida solidaria en Autoservicios Familia e Supermercados Froiz da nosa vila.

Con todo, dende o Banco de Alimentos veñen de solicitar axuda: necesitan voluntarios e voluntarias que axuden a coordinar a recollida nos dous supermercados.

Os interesados poden contactar coa Coordinadora do Distrito Ares-Mugardos do Banco de Alimentos, Patricia Ferreirós, para sumarse ao voluntariado ou pedir máis información no seguinte teléfono: 620 138 060.