O Espazo Lector Nobel da Coruña acolleu onte a presentación da novela A hora sinalada, obra coa que Rafael Catoira acadou o Premio de Novela Curta Alén Concello de Ares 2025, publicada recentemente no catálogo de Hércules de Ediciones.
No acto, o autor conversou coa concelleira de Cultura, Alma Barrón, e coa editora de Hércules de Ediciones, Laura Rodríguez, arredor desta historia narrada en primeira persoa que mergulla ao lector na memoria dun home que regresa a Galicia tras toda unha vida de emigración.
Cun ton íntimo e reflexivo, Catoira reconstrúe espazos e recordos, abordando temas universais como a identidade, o desarraigo e o paso do tempo, todos eles estreitamente vencellados co proceso de migrar e voltar ó país natal cunha nova ollada sobre o territorio.



