O salón de actos da Alianza Aresana acolleu onte o relatorio “Irracionalidade política na sociedade contemporánea”, unha cita promovida pola Concellaría de Cultura coa participación de Juan Sanjurjo, licenciado en Filosofía e mestre de escola.
Ao longo da sesión e en conversa coa concelleira de Cultura, Alma Barrón, Sanjurjo convidou ao público a pensar con calma sobre o momento político e social actual, abordando cuestións como a ultradereitización de Europa e España, o grao de representatividade da cidadanía ou a crise de confianza na política contemporánea.
Temáticas de actualidade que axudan a entender a complexidade do noso presente!




