O Programa POS+ 2025, impulsado pola Deputación da Coruña en colaboración co Concello de Ares, ten como obxectivo fomentar o desenvolvemento local, mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas, e promover a cohesión social. Grazas a esta colaboración, poderanse executar actuacións clave en urbanismo, infraestruturas rurais e servizos sociais, garantindo a modernización de espazos públicos, a conservación e mellora dos camiños rurais, e o apoio ás familias en situación de vulnerabilidade.

A continuación preséntanse as principais actuacións aprobadas.

OBXECTO ORZAMENTO APORTACIÓN PROVINCIAL
GASTOS SOCIAIS 2025. PROGRAMA DE EMERGENCIAS MUNICIPAIS 42383,1 42383,1
REDUCIÓN DÉBEDA COA DEPUTACIÓN 72656,74 72656,74
GASTO CORRENTE-ALUMEADOS 205860,75 205860,75
MELLORA DE SERVIZOS E PAVIMENTOS NUN TRAMO DA RÚA MARÍA 331564,01 199806,02
MELLORA E MANTEMENTO DE CAMIÑO MUNICIPAL EN CAMIÑO DA MALATA 61650,78 61650,78
MELLORA DE SERVIZOS E PAVIMENTOS NA RÚA IRMÁNS BUGALLO 143958,95 100765,36
GASTO CORRENTE-SUMIDOIROS, ALUMEADO E MANTEMENTO DOS ACCESOS AOS NÚCLEOS 133204,01 133204,01