Proxección do documental ‘Mugardos, lugar dos silencios’
A partir das 19:30 h. deste 20 de novembro na Alianza Aresana, a veciñanza poderá achegarse a esta peza audiovisual dirixida por Vera Varela que afonda na represión franquista na nosa contorna máis próxima, partindo dos testemuños de Loli Vázquez Anido e Pilar Iglesias.