O concello de Ares executa un proxecto financiado por parte da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático por importe de 7.342,20 € ao abeiro da ORDE do 17 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal para a implantación de recollidas separadas de biorresiduos, aceites de cociña usados e téxtiles, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva por anticipado de gasto para o ano 2025 (código de procedemento MT975T), para accións de formación e sensibilización para os Grandes Produtores do casco urbano para a implantación da recollida separada de materia orgánica, incorporando 30 grandes produtores a este novo servizo e no casco urbano optamos pola recollida en colector pechado a pé de rúa, para o que usamos colectores de 360 litros.
Amósase o cartel acredítativo da publicidade da financiación recibida
O importe total do proxecto ascende a 9.871,00 € (IVE Engadido) e tivo como obxectivo prioritario mellorar substancialmente a xestión de residuos, todo esto conseguiuse mediante:
- Unha participación voluntaria, a nosa oferta foi dirixida ao 100% das empresas do noso concello.
- Recollida en colector pechado a pé de rúa, para o que usamos colectores de 360 litros.
- Realización 90 accións de formación e información nas empresas produtoras de biorresiduos e 3 obradoiros nos centros escolares.
- Desenvolvento dunha liña gráfica e os contidos necesarios para unha guía/folleto sobre o funcionamento do servizo e os biorresiduos que son obxecto desta recollida separada.



