Ironía e humor con Os Quinquilláns para lembrar o legado de Castelao

Comparte esta nota de prensa

O grupo teatral Os Quinquilláns estivo o venres pasado no salón de actos da Alianza Aresana adaptando varios dos relatos breves que escribiu Alfonso R. Castelao en ‘Cousas’, un clásico imprescindible na literatura galega.

Con retranca e equilibrando entre a comedia e a traxedia, a proposta levou ao escenario temáticas de Castelao que tamén resoan na sociedade de hoxe: a emigración, a xustiza social, o caciquismo, o clasismo… Unha adaptación, con presenza aresá no equipo técnico a través de Ezra Vázquez, que permitiu ao público adentrarse doutro xeito na obra do rianxeiro.

E tamén con este espectáculo teatral se conmemorou o 75 cabodano de Castelao que se celebra neste 2025, un xeito de lembrar o seu legado e relevancia na construción da Galicia contemporánea.

Actividade organizada pola Concellaría de Cultura e programada a través da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

 

 

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

A Academia AresXSaúde tamén está na rede!

Se non puideches asistir a algunha das sesións da Academia AresXSaúde ou estás interesado en temáticas vencelladas coa saúde, xa podes ver no Youtube institucional

Notas de prensa

Últimos días do MercAres 2025-2026!

A última campaña de consumo de proximidade do Concello rematará este sábado, 31 de xaneiro! Grazas a ela, nos últimos dous meses a institución local