O MercAres arranca coa súa sexta edición durante os vindeiros dous meses

Comparte esta nota de prensa

Dende este 1 de decembro até o 31 de xaneiro, Ares vivirá unha nova edición da campaña de consumo de proximidade do Concello, o MercAres 2025-2026.

Os negocios adheridos xa teñen os 307 vales-rascas a disposición daquela veciñanza que efectúe unha compra superior a 10 euros nalgún dos máis de 80 establecementos que se sumaron á iniciativa municipal. Carnicerías, peixarías, praceiros do mercado, panaderías, hostalería, perruquerías… eses locais que dinamizan a vida socioeconómica de Ares.

Nesta edición, o Concello repartirá 6.500 € nos rascas, con contías que van dende os 5, 10, 20 e 50 euros até os 100, 300 ou 500 euros do gran premio.

Mais en realidade o MercAres é unha das mellores formas de apoiar ó pequeno comercio e hostalería locais nun período de gran consumo, construíndo entre todos –veciñanza, administración local e negocios aresáns— fluxos de compra sustentables, que redundan sempre no noso municipio.

Podes consultar a relación de locais adheridos xusto aquí embaixo.

Un ano máis: vive o #MercAres!

 

Pódeche interesar