Ares ilumina os mellores desexos para o 2026 da súa veciñanza

Comparte esta nota de prensa

O venres, 5 de decembro, a partir das 17:00 h., o Concello convida ós e ás aresáns a colaborar na decoración da árbore de Nadal na Ponte da Ciscada, o acto simbólico que dá inicio ao período festivo en Ares.

Baixo o nome ‘Ilumina os teus desexos’, a veciñanza poderá pendurar da árbore os bos desexos das crianzas e familias para o vindeiro 2026, introducindo en boliñas decorativas as pequenas tarxetas coas súas mensaxes. Un xesto de dar a benvida a un novo ano con toda a ilusión posible.

Xusto despois de rematar a decoración e o pendurado dos desexos, preto das 18:30 h., acenderanse as luces de Nadal  do municipio.

En caso de que as condicións metereolóxicas non o permitan, a actividade trasladarase á Biblioteca Municipal de Ares.

Pódeche interesar