Ilumina os teus desexos
O venres, 5 de decembro, a partir das 17:00 h., o Concello convida ós e ás aresáns a colaborar na decoración da árbore de Nadal na Ponte da Ciscada, o acto simbólico que dá inicio ao período festivo en Ares.
Achégate e colabora con nos na decoración da árbore de Nadal da que pendurarán os vosos bos desexos para o 2026
Rematada a decoración, ás 18:30 h. prenderemos as luces
CONCELLARÍA DE CULTURA