- O Concello e o Club Tenis de Mesa Cidade de Narón organizarán o 26 de decembro un torneo de familias no pavillón municipal da vila, en horario de 16:30 a 20.30 h.
- Para participar, os equipos deben estar conformados polo menos de dous xogadores que teñan entre si algunha relación familiar e inscribirse previamente ben de xeito presencial nas instalacións do pavillón, ben telefónicamente no teléfono 981 468 562.
Pasar unha tarde divertida facendo deporte en familia e dende a interxeracionalidade, aproveitando o carácter inclusivo do tenis de mesa: así é a proposta do Torneo de Familias que deseñaron a Concellaría de Deportes e o Club de Tenis de Mesa Cidade de Narón para este mes.
Durante a tarde do 26 de decembro, o pavillón polideportivo de Ares acollerá en horario de 16:30 a 20:30 h. esta iniciativa á que se poderán sumar todos os equipos que, polo menos, conten con dous xogadores con algún tipo de relación familiar entre eles –por afinidade ou por consanguinidade–, xogando varios encontros durante o torneo.
Así, o tenis de mesa será un bo argumento para fomentar o encontro entre unidades familiares, mais tamén entre veciños, e gozar da práctica deportiva.
Haberá trofeos para as familias mellor clasificadas, amais de recoñecementos especiais a aquelas familias que teñan unha maior diferenza entre o xogador máis mozo e o máis maior, ou os equipos que sumen maior idade cos seus integrantes.
A participación é totalmente de balde, mais require inscribirse previamente no pavillón polideportivo municipal ben presencialmente, no seu horario de apertura cotián, ou no teléfono 981 468 562.

