Polas parroquias houbo quen viu unha comitiva singular: Papá Noel e os seus axudantes estiveron percorrendo o municipio para encontrarse con todo aquel que quixera desvelarlle os seus desexos para este Nadal 2025.
A cabalgata volveu a pasear pola localidade durante a tarde do 24 de decembro animando aos pequenos –e non tan pequenos–, amais de facerse algunhas fotografías para inmortalizar o momento e saudar ás crianzas.
Papá Noel achegouse despois ás rúas do centro de Ares e, xunto coa Sociedade Cultural O Tilo, percorreu as principais arterias do núcleo urbano para finalizar na Alianza Aresana, o lugar escollido para facer a súa recepción aos rapaces e rapazas da localidade.
Grazas, un ano máis, por vir até Ares!







