Teatro musical coas aventuras de Jazzy e Blusy

Comparte esta nota de prensa

O público infantil e familiar poderá desfrutar o luns, 29 de decembro, do teatro musical nestas datas de Nadal.

A partir das 18:00 h. na Alianza Aresana, o equipo de Gallaecia Eventos afondará nas orixes do jazz e do blues co gato Jazzy e o can Blusy, adaptando a letra das cancións do concerto para construír unha historia. Tamén interactuarán cos rapaces e rapazas e, ao final do espectáculo teatral, formarán unha gran orquestra de jazz.

Actividade inscrita na Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Pódeche interesar