Ares bailou pola solidariedade

Comparte esta nota de prensa

Moita emoción e compromiso veciñal caracterizaron a tarde de onte no pavillón polideportivo municipal, unha xornada marcada pola nova actuación solidaria organizada pola Xunta Local da Asociación Española contra o Cancro en Ares, coa colaboración do Concello.

Da man da Escola de Baile Paso a Paso, o público asistente desfrutou dunha proposta artística que foi máis ca unha exhibición: actuou coma un xesto de apoio ás persoas con cancro e ás súas familias. En representación institucional, tamén acudiu a concelleira de Cultura, Alma Barrón.

Porque cada xesto suma e importa na loita contra esta doenza oncolóxica.

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Ares bailou pola solidariedade

Moita emoción e compromiso veciñal caracterizaron a tarde de onte no pavillón polideportivo municipal, unha xornada marcada pola nova actuación solidaria organizada pola Xunta Local