Por traballos de mantemento, a Biblioteca Municipal de Ares ficará pechada dende o luns, 26, até o venres, 30 de xaneiro, inclusive.
Con todo, manterase o servizo de renovación de DNI previsto para o día 28 de xaneiro, ao realizarse no Vehículo Integral de Documentación (VIDOC) da Policía Nacional situado no lateral das instalacións municipais.
Desculpen as molestias que poida ocasionar.


