Ares pon punto e final á primeira edición de ‘Non remates coas mates’

Comparte esta nota de prensa

O programa de obradoiros para redescubrir as matemáticas desde novas ópticas, ‘Non remates coas mates’, concluiu esta semana coa súa actividade poñendo o foco de atención en grandes personaxes desta disciplina como Tales, Pitágoras, Arquímedes, Hipatía de Alexandría ou Descartes: pensadores e influencers’ da época que, sen redes sociais, transformaron o percorrido da humanidade.

A Aula de Cultura da rúa Zamborela acolleu este mércores a última sesión da iniciativa, aglutinando á veciñanza arredor da divulgación matemática da man de Covadonga Rodríguez-Moldes, Cristina Montero e Begoña Gómez, profesoras de secundaria con extensa traxectoria na docencia e licenciadas en Matemáticas encargadas de conducir todos os obradoiros, coa colaboración do Concello.

Amais de explorar a relevancia dos grandes pensadores matemáticos, tamén construíron elipses, analizaron cónicas e traballaron con mapas calculando coordenadas cartesianas e distancias.

UNHA NOVA PERSPECTIVA DAS MATEMÁTICAS

Os tres obradoiros que compuxeron o programa lograron, baixo unha metodoloxía dinámica e manipulativa, “ensinar as matemáticas como algo máis que números, fórmulas e operacións”, entendéndoa como unha “ferramenta para comprender o mundo, pois forman parte da nosa vida cotiá, historia e cultura”.

De feito, a iniciativa destinouse a toda persoa maior de 20 anos que, sen necesidade de formación previa, quixera achegarse á disciplina matemática dende a curiosidade, amosando que non son “esa materia difícil, abstracta e estrictamente reservada a alguén calificado como intelixente ou peculiar”.

Por iso mesmo fuxiron da concepción máis convencional das clases, abríndose ás reflexións e o diálogo da veciñanza. Un compromiso coa divulgación que vén de rematar moi satisfactoriamente!

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Continúa a presenza de Ares en FITUR 2026

Como parte da representación de Ares en FITUR 2026, a concelleira de Turismo, Lucía Blanco, está a manter múltiples encontros no marco das xornadas de