Continúa a presenza de Ares en FITUR 2026

Comparte esta nota de prensa

Como parte da representación de Ares en FITUR 2026, a concelleira de Turismo, Lucía Blanco, está a manter múltiples encontros no marco das xornadas de presentación de entidades públicas e profesionais do sector.
 
Durante o día de onte, estreitáronse lazos coa Red de Pueblos del Surf, achegándose a unha marca turística que inclúe a municipios da nosa comarca como Ferrol e Valdoviño e que procuran convertir a súa contorna nun destino vivo durante todo o ano grazas á convivencia do deporte coa cultura, a gastronomía e o territorio.
 
A edila tamén continúa a divulgar con axentes especializados en xestión turística o municipio aresá, debullando o seu valor patrimonial, co Mosteiro de Santa Catalina e o pasado indiano da nosa localidade, a súa cultura mariñeira e a relevancia da paisaxe, tanto costeira como interior, que se pode descubrir a través de ‘Camiños de Ares’.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Continúa a presenza de Ares en FITUR 2026

Como parte da representación de Ares en FITUR 2026, a concelleira de Turismo, Lucía Blanco, está a manter múltiples encontros no marco das xornadas de