Segundo a información dispoñible até o de agora, a folga no sector do transporte de viaxeiros en autobús por estrada da provincia da Coruña adquirirá carácter indefinido a partir do vindeiro 📅 luns, 2 de febreiro. Afectará, como aconteceu ao longo de xaneiro, ao transporte regular e escolar de Ares.
 
Pódese consultar a relación de servizos mínimos que determina a Xunta de Galicia na seguinte ligazón: https://www.bus.gal/es/servicios-minimos-establecidos-para-la-huelga-de-transporte.