A folga no sector do transporte en autobús da provincia da Coruña adquire finalmente carácter indefinido dende hoxe, 11 de febreiro, con paróns que poden afectar aos servizos regulares e escolares da contorna de Ares.

A convocatoria de carácter indefinido estará supeditada, segundo a información actual, á reunión prevista para este mesmo xoves.

A relación de servizos mínimos que estipula a Xunta de Galicia pode consultarse na seguinte ligazón: https://www.bus.gal/es/servicios-minimos-establecidos-para-la-huelga-de-transporte