Ares sóbese ao autobús do teatro para desfrutar de ‘Hamlet’

Comparte esta nota de prensa

  • A Concellaría de Cultura súmase un ano máis ao programa de mobilidade do Centro Dramático Galego (CDG) para visitar Santiago de Compostela o 27 de marzo e achegarse á peza teatral de William Shakespeare.
  • Precisarase inscrición previa dende o vindeiro luns, 9 de marzo, na Biblioteca Municipal de Ares de xeito presencial. Pagaranse 5 euros polas entradas ó espectáculo.

 

Unha viaxe en autobús dende Ares ao Salón de Teatro de Compostela para vivir ‘Hamlet’: esa é a proposta da área de Cultura municipal tras incorporarse ó programa de mobilidade do Centro Dramático Galego (CDG) cunha saída que se promoverá o 27 de marzo, coincidindo ademais coa celebración do Día do Teatro 2026.

Así se facilitará o acceso da veciñanza a unha das obras fundamentais do dramaturgo inglés William Shakespeare, dirixida por Tito Asorey cun elenco de 16 intérpretes. A producción do CDG representará esta traxedia de vinganzas, traicións e remordimentos do príncipe de Dinamarca, publicada orixinalmente por Shakespeare en 1603. Un xeito de incorporar ó teatro galego contemporáneo unha peza universal.

No tocante ós horarios, o autobús dirixirase cara Santiago ás 15:20 horas do 27 de marzo dende a Porta do Sol (parada de buses) e sairase de regreso dende Compostela aproximadamente ás 20:15 h., tras asistir á función.

Para sumarse á iniciativa, necesitarase reservar previamente praza, asistindo presenciamente á Biblioteca Municipal de Ares e depositando os 5 euros do prezo da entrada.

O proceso de inscricións abrirá o vindeiro luns, 9 de marzo, ata esgotar todas as prazas habilitadas.

Pódeche interesar