O Concello prepara o DegustAres 2026 e convida a sumarse á hostalería da vila

Comparte esta nota de prensa

A Concellaría de Comercio de Ares traballa xa na posta en marcha da que será a quinta edición da ruta do pincho, o DegustAres, co foco posto en dinamizar o tecido hostaleiro da vila e animar á veciñanza a saír á rúa.

Así, a edila da área, Lucía Blanco, estende o convite a participar na iniciativa do Concello a todos aqueles hostaleiros e hostaleiras de Ares que o desexen, lembrando que se habilitarán premios para os negocios e para os participantes que cubran correctamente as valoracións.

Para os locais interesados, habilítanse os seguintes métodos de contacto, de cara a formular dúbidas e inscribirse no DegustAres 2026:

📧  correo electrónico lucia.blanco@concellodeares.com ou

📞 o teléfono 677 12 41 21.

O período de recepción de solicitudes estará aberto até o 1 de abril.

EN PDF: BASES DEGUSTARES 2026

Pódeche interesar