O Open Dominó Concello de Ares celebra a súa XIX edición no Casino Aresano

Comparte esta nota de prensa

Este sábado, 28 de marzo, o Casino Aresano acolleu o XIX Open de Dominó Concello de Ares, organizado polo Club Xabre e a Federación Galega de Dominó, coa colaboración do Concello, reunindo a xogadores e xogadoras de distintos puntos de Galicia nunha intensa xornada de competición.

O evento pechouse coa seguinte clasificación por parellas:
🔹 1ª: Club Chantada – Apolinar Fernández e Andrés Monteagudo
🔹 2ª: Club Sada – José Luis González e Juan Bolaño
🔹 3ª: Club Xabre – Marcelino Vegega e Manuel Allegue

No tocante á clasificación por equipos:
🔹 1º: Club Xabre de Ares
🔹 2º: Club Chantada
🔹 3º: Club Sada

A entrega de trofeos contou coa presenza de Alma Barrón, concelleira de Deportes, e Luis Cendán, presidente do Club Xabre de Ares, que parabenizaron aos gañadores desta última edición.

Unha competición que volveu poñer en valor a tradición do dominó na vila e o bo ambiente arredor deste encontro xa consolidado no calendario.

2026-Resultados XIX Open de Domino Concello de Ares

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Do bus ao escenario: Ares mergúllase en Hamlet

A veciñanza aresá participou este pasado venres nunha nova saída cultural a Santiago de Compostela para asistir á representación teatral de Hamlet, unha das obras