‘Los crímenes de las termas’, de Elizabeth Norlam, protagonista da última cita literaria en Ares

Comparte esta nota de prensa

O venres pasado, o salón de actos da Alianza Aresana acolleu un novo evento literario coa presentación da última novela de Elizabeth Norlam, Los crímenes de las termas.

A autora, afincada en Mugardos, conversou coa concelleira de Cultura, Alma Barrón, nun encontro que permitiu achegar ao público asistente os detalles desta nova entrega da serie Sucedió en Galicia, así como o seu proceso creativo e traxectoria literaria.

A obra mergulla ao lector nunha investigación liderada polo sarxento Ben Andrade, que deberá esclarecer un asasinato nunha casa de baños mentres se enfronta ás tensións e segredos das vilas da contorna.

Unha xornada para coñecer de preto o traballo de Elizabeth Norlam, licenciada en Ciencias Políticas e correctora profesional de textos, amais de escritora tanto de thriller como de fantasía ou romance histórico.

 

Pódeche interesar