As usuarias do Centro de Día achegáronse onte até a biblioteca municipal para celebrar co seu equipo bibliotecario o Día do Libro 2026!
Foi unha oportunidade para descubrir algunas lecturas, mais tamén para somerxerse nas actividades de dinamización que lles tiñan preparadas: xogos co refranero popular en galego e castelán, sopas de letras… e mesmo un toque doce coas rosas que se levaron á casa para conmemorar a efeméride literaria –unhas gominolas que se continuarán repartindo nas instalacións da Alianza Aresana ao longo do día de hoxe, 23 de abril.
E, ademais, o equipo bibliotecario tamén lles entregou un diploma a cada usuaria pola súa participación na xornada.
Grazas pola visita!








