A Biblioteca Municipal acolle o obradoiro creativo “Libros e ioga na escola de monstros”

Comparte esta nota de prensa

O vindeiro luns 25 de maio de 2026, ás 19:00 horas, o Alianza Aresana acollerá o obradoiro creativo “Libros e ioga na escola de monstros”, unha actividade dirixida a nenos e nenas de entre 4 e 6 anos.

A proposta combina lectura, creatividade e movemento nunha experiencia divertida pensada para achegar aos máis pequenos e pequenas ao mundo dos libros a través do xogo e do ioga.

A actividade será de balde e forma parte da programación cultural impulsada polo Concello de Ares, coa colaboración da Rede de Bibliotecas de Galicia e do programa Ler conta moito, a través da Concellaría de Cultura.

Desde a Biblioteca anímase ás familias a participar nesta iniciativa, que busca fomentar a lectura e a imaxinación nun ambiente lúdico e participativo.

Pódeche interesar