Avisos

O Campus de Verán do RC Celta de Vigo regresa á vila para impulsar as habilidades futbolísticas da mocidade! Se estás interesado/a, lembra que as inscricións xa están abertas para quen desexe sumarse ó evento deportivo que recalará no campo municipal de Prados Vellos.

Destínase a rapazada de entre 5 a 16 anos e realizarase entre o 13 e o 17 de xullo, sempre en horario de mañá, aplicando nas dinámicas diarias a metodoloxía da canteira do Celta, mais sen esquecerse da diversión e o traballo de valores.

Inclúense descontos para os xogadores federados do SDR Numancia de Ares. 

Infórmate con máis calma nesta ligazón: https://rccelta.es/fundacion/campus/.