Dispositivo especial de tráfico por mor das alfombras florais de Ares

Comparte esta nota de prensa

O Concello porá en marcha un dispositivo especial para xestionar o tránsito de vehículos durante as Alfombras Florais de Ares que se celebrarán nesta fin de semana.  

Así, para facilitar a organización e elaboración dos tradicionais tapices de flores, comunícase que a partir das 8:00 horas do venres, día 5 de xuño, permanecerán pechados ao tráfico e prohibirase o estacionamento de vehículos nos seguintes tramos do núcleo urbano:

  • Na Praza da Igrexa, entre Saavedra Meneses e rúa Real.
  • Na Rúa Real, desde a Praza da Igrexa até a rúa Xuncal.
  • Na Rúa Xuncal, no cruce entre a rúa Real e rúa María.
  • E na rúa María, desde o cruce con rúa Xuntal ata o número 61.

 

A prohibición de estacionamento manterase en todos os treitos indicados ata as 14:00 horas do luns, 8 de xuño, para facilitar a limpeza das rúas, que se abrirán ao tráfico en canto rematen os actos programados.

Dende a Concellaría de Seguridade e Tráfico aconséllase aos visitantes desta Festa de Interese Turístico de Galicia empregar os aparcadoiros municipais gratuítos de carácter disuasorio, ao mesmo tempo que se estende un chamamento á colaboración cidadá nestas datas especiais e se agradece a comprensión da veciñanza polas posibles molestias ocasionadas.

 

Pódeche interesar