Descobre as principais propostas deportivas municipais
CAMPAMENTO DEPORTIVO URBANO
-
Idade e prazas:
-
De 6 a 12 anos (nados/as entre os anos 2014 e 2020, ambas anualidades incluídas).
-
25 prazas dentro das 3 quincenas que compoñen o campamento.
-
-
Lugares e horarios:
-
No pavillón municipal, pista cuberta do CPI As Mirandas e espazos exteriores da vila (parques, prazas, praia…).
-
De luns a venres laborables, de 10:00 a 13:00 horas.
-
-
Prezos:
-
Quincenais: 34 euros (empadroad@s) | 56 euros (non empadroad@s)
-
Mensuais: 61 euros (empadroad@s) | 105 euros (non empadroad@s)
-
XOGOS DEPORTIVOS EN CERVÁS-CHANTEIRO
-
Idade e prazas:
-
De 4 a 9 anos de idade (poderán tomar parte só os nenos/as con 4 anos ou que os cumpran no ano 2026).
-
10 prazas por quenda.
-
-
Lugares e horarios:
-
Na pista polideportiva do C. C. Outeiro de Chanteiro.
-
Cada luns e mércores, de 11:00 a 13:00 h.
-
-
Prezos:
-
Quincenais: 17 euros (empadroad@s) | 34 euros (non empadroad@s)
-
Mensuais: 28 euros (empadroad@s) | 61 euros (non empadroad@s)
-
XOGOS DEPORTIVOS EN CAAMOUCO-REDES
-
Idade e prazas:
-
De 4 a 9 anos de idade (poderán tomar parte só os nenos/as con 4 anos ou que os cumpran no ano 2026).
-
10 prazas por quenda.
-
-
Lugares e horarios:
-
Na Agrupación Instrutiva de Caamouco.
-
Cada martes e xoves, de 11:00 a 13:00 h.
-
-
Prezos:
-
Quincenais: 17 euros (empadroad@s) | 34 euros (non empadroad@s)
-
Mensuais: 28 euros (empadroad@s) | 61 euros (non empadroad@s)
-
XUVENTUDE VERÁN ACTIVO
(Padelsurf, kaiak, voleipraia, pádel, tenis de mesa e danzas urbanas)
-
Idade e prazas:
-
Para rapaces e rapazas de 12 a 16 anos (poderán tomar parte con 12 anos cumpridos ou que se cumpran na anualidade 2026).
-
12 prazas por quincena.
-
-
Lugares e horarios:
-
De luns a venres, de 11:00 a 13:00 horas.
-
Os espazos varían en función da actividade a desenvolver. Non obstante, kaiak e padelsurf serán sempre no Club Marítimo de Redes.
-
-
Prezos:
-
Quincenais: 55 euros (empadroad@s) | 90 euros (non empadroad@s)
-
Inclúe os materiais para as distintas actividades.
-
TRÁMITES E INSCRICIÓNS
As reservas realizaranse para as tres quincenas habilitadas:
-
1ª quenda: do 1 ao 15 de xullo.
-
2ª quenda: do 16 ao 31 de xullo.
-
3ª quenda: do 1 ao 14 de agosto.
Existe a posibilidade de apuntarse por mensualidade completa, previo pago adiantado do importe.
A inscrición será a través da web www.concellodeares.gal, no apartado VeraneAres Deportivo 2026. As prazas cubriranse por orde de inscrición, ata esgotar as prazas, nos prazos que seguen:
-
Empadroad@s ou nen@s con titores empadroad@s: do 9 ao 15 de xuño.
-
Resto de persoas: do 17 ata o 22 de xuño.
Condicións e procedementos:
-
Desconto familiar: No caso de dúas ou máis inscricións por núcleo familiar, aplicarase un desconto dun 25% na segunda e sucesivas inscricións.
-
Procedemento de pago: Unha vez confirmada a praza, haberá un período para efectuar a transferencia bancaria nun número de conta destinado a tal efecto.
-
Aviso importante: Lembra que esta información de reserva e prazos só atinxe ao Campamento deportivo urbano, Xogos deportivos en Cervás-Chanteiro, Caamouco-Redes e Xuventude Verán Activo.
-
Autonomía e diversidade: Os rapaces e rapazas solicitantes deberán posuír aptitude e autonomía suficientes para desenvolver as actividades do programa VeraneAres Deportivo 2026. As persoas solicitantes que presenten algunha discapacidade deberán informalo debidamente na solicitude de reserva, aclarando as adaptacións necesarias.
-
Protección solar: O Concello de Ares disporá de cremas fotoprotectoras para a rapazada participante, que deberán aplicarse antes de comezar a actividade cada xornada (no caso de que as familias non autoricen esta aplicación deberán informar ao monitorado e traer aplicada a súa propia crema protectora).
MÓVETE VERANEARES 2026
Bailes latinos (¡de balde!)
-
Días: Todos os martes durante o mes de xullo e primeira quincena de agosto.
-
Lugar e horario: Na Praza da Constitución de Ares, baixo horario de 20:30 a 21:30.
-
Diversión con ritmos alén do mar!
Zumba-Ares (¡de balde!)
-
Días: Todos os xoves durante o mes de xullo e primeira quincena de agosto.
-
Lugar e horario: Na Praza da Constitución de Ares, baixo horario de 20:30 a 21:30.
-
Ven e móvete con nós!
Información de interese para estas dúas actividades: As dúas actividades non teñen límite de prazas. Requiren de inscrición por xornada ata as 11:00 horas do día anterior á actividade. Teléfono de contacto: 981 448 057 ou inscribíndose na Alianza Aresana (de luns a venres, de 9:00 a 13:00 horas).
ACTIVIDADE FÍSICA + 60 ANOS
-
Periodo: Mes de xullo completo.
-
Idade: + 60 anos en adiante.
-
Horario: Venres de 10:00 a 11:00 h.
-
Lugar: No pavillón deportivo.
-
Prazas: 15 prazas.
-
Prezo: 15 € empadroad@s / 30 € non empadroad@s.
-
Inscricións: + info e inscricións telemáticas en www.concellodeares.gal
CONCELLARÍA DE CULTURA, DEPORTES, MOCIDADE E PATRIMOΝΙΟ











