Este 3 de xullo, poderás renovar o teu Documento Nacional de Identidade, pasaporte ou certificados integrados no DNIe na Biblioteca Municipal de Ares, con entrega ao momento. É unha das novidades deste ano no tocante ó proceso de expedición desta documentación, ao continuar co servizo de xeito ininterrumpido tamén durante os meses de xullo e agosto.
Aínda quedan ocos dispoñibles, así que concerta a túa cita acudindo presencialmente ata alí ou a través do teléfono 981 448 057 no horario de apertura da biblioteca.
Lembra que podes realizar a renovación do DNI ata 6 meses antes da data de caducidade.


